Novas páxinas

2

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 24-02-2010

Acabamos de engadires dúas novas páxinas explicando o funcionamento do xerador de fichas de matemáticas. Podedes acceder a elas usando o menú superior (dentro do apartado fichas matemáticas) ou ben na barra lateral

A primeira é Axuda, na que explicamos brevemente o funcionamento do interface para xenerar unha nova ficha.

A outra é Tipos de exercicios, na que damos información sobre cada un dos exercicios e operacións dispoñibles para a creación de fichas, así coma unha descripción sobre cada un dos parámetros axustables para cada tipo de exercicio

Agardamos que vos sexa de utilidade.

Benvidos

0

Publicado por admin | Categoría Xeral | Publicado no 19-02-2010

Benvidos a nosa páxina web. Esperamos podervos ofrecer contidos orientados para a atención a diversidade.

Neste momento estamos a traballar nun xerador de fichas para matemáticas. A idea é que poidades xerar as vosas fichas dende esta web, mesturando os tipos de exercicios e tipos de operacións para personaliza-la ficha ó nivel do voso alumnado.

Iremos ampliando as capacidades do xerador pouco a pouco, segundo nos vaian xurdindo necesidades.

O código fonte do xerador estará disponible nesta mesma web, xa que o liberaremos baixo licencia GPL.