Novo exercicio: Sodoku

0

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 26-03-2010

Introducimos esta semana un novo tipo de exercicio, o sodoku, e con el un novo tipo de fichas, as fichas de atención.

Os sodokus xerados poden ser de tamaño 4×4 ou ben 9×9. Tamén se pode establecer cantas pistas se proporcionan o alumno para resolvelo.

Ademais, e coma tódolos outros exercicios, podedes engadir a unha ficha tantos sodokus como se desexen.

Pódese acceder a esta nova ficha e exercicio a través dos menús laterais ou do menú superior, ou facendo clic aquí

Novo exercicio: crear frases

0

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 22-03-2010

Temos un novo exercicio para as fichas de lingua, trátase do exercicio de crear frases.

Este exercicio consiste en ir presentando grupos de dúas ou tres palabras e o alumno terá que construír unha frase con cada un dos grupos de palabras.

Neste exercicio se traballa a expresión escrita do alumno, o vocabulario e maila súa imaxinación.

Read the rest of this entry »

Novo parámetro en exercios de matemáticas

2

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 17-03-2010

Cando se está a traballar coa iniciación os números vaise introducindo o alumno cada unha das decenas, de maneira incremental. Para iso primeiro se traballa cos números do 10 ó 19, logo do 20 ó 29, e así sucesivamente.

O sistema que temos para xerar os números dos exercicios permitía seleccionar o número de cifras coas que se quere traballar, pero non se podía aplicar para a iniciación de números, xa que se lle pedimos que xenere números de duas cifras proporcionaranos calquer número dende o 1 ata o 99. Read the rest of this entry »

Sopa de letras

1

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 10-03-2010

Acabamos de engadir un novo tipo de exercicio a ficha de lingua: a sopa de letras.

Por agora permite introducires palabras tanto en horizontal coma en vertical (deixamos as diagonais para mais adiante). O mestre na mais ten que introducires as palabras que quere presentes na sopa e estas se perderán pola sopa.

Na paxina de axuda e de tipos de exercicio tedes máis información sobor deste exercicio.

Nova ficha

0

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 04-03-2010

Temos un novo tipo de ficha, as fichas de língua.

O funcionamento é igual que a ficha de matemáticas.Para acceder a ela podese facer a traves do menú superior ou do menú lateral ou ben facendo clic aquí.