Novo exercicio: crear frases

0

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 22-03-2010

Temos un novo exercicio para as fichas de lingua, trátase do exercicio de crear frases.

Este exercicio consiste en ir presentando grupos de dúas ou tres palabras e o alumno terá que construír unha frase con cada un dos grupos de palabras.

Neste exercicio se traballa a expresión escrita do alumno, o vocabulario e maila súa imaxinación.

Con este exercicio tamén aparecen os elementos binomio e trinomio que son conxuntos de dúas e tres palabras que se introducen dentro do exercicio. Estes elementos representan os conxuntos cos que o alumno ten que traballar e construír frases.

Este exercicio ten os seguintes parámetros:

  • Enunciado: o enunciado que aparecerá escrito co exercicio na ficha.
  • Liñas extra: no espacio que queda na liña onde se escriben as palabras coas que o alumno terá que facer a frase, non soe ser suficiente. Este parámetro permite introducir os rengróns en branco que se desexen debaixo de cada unha das frases, pudendo así adaptarse, tanto o tamaño de letra do alumno, coma a lonxitude das frases que é capaz de escribir.
  • Tamaño de letra: afecta o tamaño da letra que se usa para o exercicio, así coma o espacio que se deixa para que o alumno escriba as frases.

Ademáas e coma é lóxico, nos binomios e trinomios poderemos cambiar as palabras que queiramos proporcionar ó alumno.

Escriba un comentario