Novo parámetro en exercios de matemáticas

2

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 17-03-2010

Cando se está a traballar coa iniciación os números vaise introducindo o alumno cada unha das decenas, de maneira incremental. Para iso primeiro se traballa cos números do 10 ó 19, logo do 20 ó 29, e así sucesivamente.

O sistema que temos para xerar os números dos exercicios permitía seleccionar o número de cifras coas que se quere traballar, pero non se podía aplicar para a iniciación de números, xa que se lle pedimos que xenere números de duas cifras proporcionaranos calquer número dende o 1 ata o 99.

Para paliar esta situación introducimos un parámetro novo que chamamos díxito superior, que nos vai permitir limitar a decena ou centena máxima a que pode pertencer un número xenerado.

Desta maneira se estamos a xenerar números de duas cifras e introducimos un valor en díxitos superior de 5, xenaranse números do 1 o 59, ademáis tamen se aplicarán outras restriccións como pode ser por exemplo, que unha suma non teña levadas.

Este novo parametro atópase nos seguintes exercicios:

  • Ordeación
  • Maior-Menor
  • Anterior-Posterior
  • Rodear

E tamén nas seguintes operacións:

  • Suma
  • Resta

Esperamos que vos sexa de utilidade.

Comentarios (2)

Hola!!!…Me parece muy interersante el modelo de nuevos ejercicios de matemáticas….sólo faltan ejercicios de mayor, menor o igual….Buen trabajo, os felicito.

Los ejercicios de mayor, menor o igual se encuentran en la ficha de matemáticas en la lista de ejercicios posibles y lleva como nombre Maior-Menor.
A pesar de que su nombre no incluye la palabra igual, también genera situaciones de números iguales.

!Gracias polo teu comentario e aportación!

Escriba un comentario