Pequenos cambios

0

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 23-05-2010

Acabamos de introducir algunhas pequenas modificacións nos xeradores de fichas, algunhas delas suxeridas por algúns dos usuarios da web.

Os sodokus levan un novo xerador, que vai producir que os sodokus xerados sexan sinxelos. Anteriormente para xerar un sokoku partíase dun sodoku resolto e deixabanse enchidas tantas celas como se lle indicaba, as cales eran seleccionadas de xeito aleatorio. Este método de xeración podía proporcionar sodokus cunha gran dificultade de solución. No novo sistema, se se aplican regras dedutivas para solucionalo sempre vai existir unha cela na que só é posible un valor (aplicando as regras do sodoku). Como resultado, os sodokus xerados agora poden considerarse de nivel sinxelo (máis apropiado para os alumnos os que vai dirixido). Agora o valor presente no campo número pistas é orientativo,  a aplicación tentará proporcionar ese número de pistas tentando que o soduku sexa de nivel sinxelo, e proporcionará máis pistas das indicadas para facer que a dificultade se manteña en sinxelo.

Nas sopas de letras, a aplicación xa é capaz de colocares as palabras seguindo diagonais. Por iso hai unha opción máis, que cando se marca permite á aplicación introducir palabras en diagonal.

Os labirintos xa non se atopan pegados ó borde esquerdo da folla, aparecen máis centrados. Ademais deixase espazo arriba e abaixo no caso de que a entrada ou saída se atope nesas lados do labirinto.

As multiplicacións e as divisións teñen mais espazo debaixo para que os alumnos  escriban.

Gracias a todos polas suxerencias feitas para mellorar a aplicación. Se atopades un erro ou queredes facer algunha suxerencia para adaptar as fichas á realidade das aulas sempre podedes deixar un comentario ou usa-lo formulario de contacto.