Fichas en galego e castelán

0

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 29-09-2010

Como este ano cambiou o idioma no que se imparten algunhas áreas, realizamos algunhas modificacións o xerador de fichas para que se poida seleccionar o idioma en que se xera.

O cambio afecta principalmente os exercicios de area de matemáticas de converter a número, onde o alumno se lle presenta un número escrito en letra (no idioma seleccionado) e ten que reescribilo con díxitos.
Ademais os enunciados por defecto dos exercicios tamén aparecen no idioma elixido.

Para cambiar o idioma úsanse as bandeiras situadas a dereita da páxina. O idioma seleccionado é o que aparece rodeado en laranxa.

Se se quere cambiar de idioma debe facerse antes de comezar a construi-la ficha.

Escriba un comentario