Laberinto con imaxes

0

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 22-09-2010

Xa fai algún tempo que alguén fíxonos a suxerencia de introducires debuxos nos labirintos para darlles un pouco máis de ledicia.

Pois aproveitando que estamos a traballar con pictogramas decidímonos por poñer algunhas parellas nos labirintos, de xeito que poidades seleccionar a parella que máis guste os vosos alumnos.

Por agora só temos catro parellas, con temas de bob esponja e con pictogramas creados por ARASAAC. Iremos engadindo parellas o longo do curso.

Para usalos non tedes máis que ir a ventá de opcións dun exercicio de laberinto e veredes que ten un parámetro novo que se chama debuxos. Desplegando ese control veredes as posibles parellas que se poden seleccionar.

Escriba un comentario