Matrices de letras

0

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 14-10-2010

Introducimos un novo tipo de exercicio para as fichas de atención: as matrices de letras.
Nestes exercicios trabállase coa atención do alumno facendo que diferencie unha letra concreta dentro dun conxunto desordeado e aleatorio de letras. No exercicio poderemos controlar a letra a buscar, tamaño da matriz, se a letra vai a aparecer mezclada con calquer outra letra ou tan só con vocais e se as letras vanse debuxar en maiúsculas ou minúsculas.

O exercicio presenta os seguintes parámetros:

  • Enunciado: o enunciado que apareceŕa escrito co exercicio na ficha. Normalmente terémolo que modificar para indicarlle a letra que ten que buscar.
  • Letra: letra que o alumno ten que buscar pola matriz.
  • Ancho: ancho en caracteres da matriz. Como máximo 10, xa que se non se sae do ancho da folla.
  • Alto: alto en caracteres da matriz. Maximo 10.
  • Porcentaxe letra: indica o porcentaxe da letra introducida (a que o alumno debe buscar) vai a haber no total de letras da matriz. O porcentaxe restante será asinado a letras aleatorias.
  • Só vocais: cando está marcado as únicas letras que se xenerarán de xeito aleatorio serán vocais.
  • Maiúsculas: cando está marcado as letrás escribiranse todas en maiúscula, senón aparecerán todas minúsculas.
  • Tamaño de letra: afecta o tamaño da letra que se usa para o exercicio, podemos usar letras máis grandes ou máis pequenas segun o nivel do alumno.

Escriba un comentario