Matriz de letras

O exercicio de matriz de letras, consiste en buscar todas as aparicións dunha letra determinada nunha matriz con multitude de letras aleatorias.

Exemplo de matriz de letras

O exercicio matriz de letras ten os seguintes parámetros:

  • Enunciado: o enunciado que aparecerá escrito co exercicio na ficha. Normalmente terémolo que modificar para indicarlle a letra que ten que buscar.
  • Letra: letra que o alumno ten que buscar pola matriz.
  • Ancho: ancho en caracteres da matriz. Como máximo 10, xa que se non se sae do ancho da folla.
  • Alto: alto en caracteres da matriz. Maximo 10.
  • Porcentaxe de aparición: indica o porcentaxe da letra introducida (a que o alumno debe buscar) vai a haber no total de letras da matriz. O porcentaxe restante será asinado a letras aleatorias. O Valor introducida debe estar comprendido entre 0 e 1.
  • Só vocais: cando está marcado as únicas letras que se xenerarán de xeito aleatorio serán vocais.
  • Maiúsculas: cando está marcado as letrás escribiranse todas en maiúscula, senón aparecerán todas minúsculas.
Parámetros matriz letras