Copia

O exercicio de copia está pensado para practicar caligrafía e atención. Aparecerán unha ou varías frases introducidas polo usuario e cada unha delas pode vir acompañada de copias para repasar, onde o texto está escrito cun tipo de letra punteado para que se escriba por riba, e tamén dunha serie de ringleiras en branco para que se copie a mesma frase esta vez sen as letras punteadas. Para as ringleiras poderase escoller entre pauta dobre e pauta simple.

Copia

O exercicio copia presenta os seguintes parámetros:

  • Enunciado: o enunciado que aparecerá escrito co exercicio na ficha.
  • Cantidade copias punteadas: o nome o di todo. Pode valer 0 se non se desexa que aparezan copias punteadas.
  • Cantidade copias: Para cada frase aparecerá un número de renglóns en branco. O número de rengróns en branco será os de cada frase multiplicado por este número. Pode valer 0 se o que se quere é só sobrescribir sobre texto punteado.
  • Dobre pauta en punteado: o texto punteado aparece con dobre pauta ou non.
  • Dobre pauta en copia: os rengróns para copia libre levan dobre pauta ou non.
  • Frases: Cada unha das copias coas que se quere traballar. Cada unha das frases leva a esquerda un aspa gris para eliminala da lista.
  • Engadir frase: serve para engadir frases á lista superior. Se escribe neste campo a frase e logo hai que pulsar no botón engadir frase quedando o escrito na lista superior de frases que comporán o exercicio.
Parámetros do exercicio copia