Sopa de letras

Xogo clásico das sopas de letras. Hai que atopar un conxunto de palabras nunha matriz desordeada de letras. As palabras son proporcionadas polo usuario, encargándoselle á aplicación de colocalas.

As palabras poden toparse escritas, en horizontal, en vertical e en diagonal. Dentro disto, tamén poden estar escritas ao dereito ou ao revés. Tamén se decidirá se as palabras poden compartir algunha cela coa mesma letra ou non.

Sopa de letras

Ao final do documento aparecerá a solución á sopa de letras.

O exercicio sopa de letras presenta os seguintes parámetros:

  • Enunciado: o enunciado que aparecerá escrito co exercicio na ficha.
  • Tamaño: o numero de celas que vai a ter a sopa de alto e de ancho.
  • Sen cruces: cando está activado non se introduciran palabras na sopa con celas en común.
  • Palabras en diagonal: as palabras ademais de introducirse en horizontal e vertical tamén se intoduciran en diagonal.
  • Palabras escritas ao revés: as palabras se poñen sempre de esquerda a dereita e de arriba a abaixo. Con isto activado as palabras tamén se poden escribir de dereita a esquerda e de abaixo a arriba.
  • Palabras: a lista de palabras que se tentará introducir dentro da sopa. Cada unha leva unha x ao lado para eliminar esa palabra da lista.
  • Engadir palabra: unha nova palabra para engadir á lista de palabras anterior. Hai que escribir neste campo e logo pulsar o botón engadir.
Parámetros da sopa de letras