No exercicio de series de números o alumnado debe descubrir como continuar e completar un coxunto de series numéricas propostas polo profesor.

Exercicio de series de números
  • Enunciado: o enunciado que aparecerá escrito co exercicio na ficha.
  • Espazo ancho: ancho da táboa na que o alumnado ten que escribir. Hai que ter en conta que cada unha das series leva un conxunto de valores iniciais que van escritos nesta mesma táboa, co que o alumnado deberá encher os hocos que falten.
  • Series: aquí se presenta cada unha das series introducidas. Cada número vai separado cunha coma dos seguintes. Ao lado de cada serie hai unha aspa que permite eliminar a serie.
  • Engadir serie: serve para endadir unha nova serie ao listado de series do exercicio. Os números deben escribirse separados por comas, e cada un deles acabará nunha celda da táboa.
Parámetros do exercicio de series