Tipos de exercicios

A relación actual de exercicios é:

  • Sodoku, xogo tradicional do sodoku. Pódense facer sodokus cos números do 1 ó 4 (facendo sodokus de 4×4 de tamaño), ou cos números do 1 ó 9 (facendo sodokus de 9×9).
  • Labirinto, xogo tradicional de labirintos. O alumno debe topar o camiño que une os dous bordes abertos presentes no debuxo.
  • Matriz de letras. O alumno debe destacar as aparicións dunha letra concreta dentro dun conxunto desordeado de letras.

O exercicio sodoku presenta os seguintes parámetros:

  • Enunciado: o enunciado que apareceŕa escrito co exercicio na ficha.
  • Números: 1-4, indica que se usarán estes números para desenrolar o sodoku, creando unha cuadrícula de tamaño 4×4. A opción 1-9 xerará cuadrículas de 9×9.
  • Número pistas: cantidade de números que aparecerán escritos na cuadrícula para axudar a resolver-lo sodoku. Cantas máis pistas se proporcionen tería que ser máis sinxelo de resolver.

O exercicio labirinto presenta os seguintes parámetros:

  • Enunciado: o enunciado que apareceŕa escrito co exercicio na ficha.
  • Ancho: ancho en celas do labirinto. Valor máximo 35 e mínimo de 5.
  • Alto: alto en celas do labirinto. Valor máximo 35 e mínimo de 5.

O exercicio matriz de letras ten os seguintes parámetros:

  • Enunciado: o enunciado que apareceŕa escrito co exercicio na ficha. Normalmente terémolo que modificar para indicarlle a letra que ten que buscar.
  • Letra: letra que o alumno ten que buscar pola matriz.
  • Ancho: ancho en caracteres da matriz. Como máximo 10, xa que se non se sae do ancho da folla.
  • Alto: alto en caracteres da matriz. Maximo 10.
  • Porcentaxe letra: indica o porcentaxe da letra introducida (a que o alumno debe buscar) vai a haber no total de letras da matriz. O porcentaxe restante será asinado a letras aleatorias.
  • Só vocais: cando está marcado as únicas letras que se xenerarán de xeito aleatorio serán vocais.
  • Maiúsculas: cando está marcado as letrás escribiranse todas en maiúscula, senón aparecerán todas minúsculas.
  • Tamaño de letra: afecta o tamaño da letra que se usa para o exercicio, podemos usar letras máis grandes ou máis pequenas segun o nivel do alumno.