Tipos de exercicios

A relación actual de exercicios é:

  • Copia, presentase ó alumno unha serie de frases que el terá que volver a copiar.
  • Ordear, proponse o alumno un conxunto de frases que terán as palabras desordeadas que logo el terá que ordear para dar sentido a oración.
  • Sopa de letras, dunha táboa de letras con apariencia aleatoria o alumno deberá atopar unha seríe de palabras que estaŕan ocultas na sopa.
  • Crear frase, o alumno presentaselle conxuntos de duas ou tres palabras coas que terá que crear unha frase.

O exercicio de copia é bastante versatil e pode ter as seguintes variantes:

  • Seguir trazos das letras: na ficha aparece unha ou varias frases coas letras feitas a base de puntiños, para que o alumno cubra por riba deses trazos feitos a puntos.
  • Copiar: o alumno presentaselle unha ou varias frases e terá que copiala un número determinado de veces, para o que se lle reserva un espacio a dobre rengrón.

Nun exercicio de copia podense mezclar varios estilos de exercicio, por exemplo, poderiase facer un exercicio que cada frase escrita presente o alumno unha serie de copias da frase punteada para que siga os trazos das letras e logo un espacio con rengróns para que faga copias da frase sen as guías dos puntos.

O exercicio de copia ten os seguintes parametros:

  • Enunciado: o enunciado que apareceŕa escrito co exercicio na ficha.
  • Imprimir texto punteado: se está marcado debaixo de cada frase aparecerá a mesma frase escrita a base de puntos, para que o alumno repase por riba.
  • Copias punteadas: veces que se vai copiar cada frase con estilo punteado. Este parametros só afecta se o anterior atopase marcado.
  • Espacio para copia: deixa espacio a dobre rengrón para cada frase para que alumno intente copia-la frase sen a axuda.
  • Copias: indica cantas veces terá que copiar o alumno cada frase do exercicio, e afecta o espacio que se deixa para a copia. Por exemplo, se se indica que o alumno debe facer 3 copias e existe unha frase que ocupa dous rengróns, o espacio destinado para o alumno serán 6 rengróns.
  • Tamaño de letra: afecta o tamaño da letra que se usa para o exercicio, así coma o espacio que se deixa para que o alumno faga as copias.

O exercicio de ordear permite cambiar os seguintes parámetros:

  • Enunciado: o enunciado que apareceŕa escrito co exercicio na ficha.
  • Tamaño de letra: afecta o tamaño da letra que se usa para o exercicio, así coma o espacio que se deixa para que o alumno faga as copias.

O exercicio sopa de letras permite cambiares os seguintes parámetros:

  • Enunciado: o enunciado que apareceŕa escrito co exercicio na ficha.
  • Ancho: ancho en caracteres que terá a sopa de letras.
  • Alto: alto en caracteres que terá a sopa de letras.
  • Diagonais: permite que as palabras sexan introducidas na sopa en diagonal.
  • Palabras cruzadas: cando está activado permite que o posicionar as palabras proporcionadas estas se crucen nalgún punto da sopa, tendo así unha letra en común.
  • Palabras orden inverso: as palabras se colocan para seres lidas de esquerda a dereita ou de arriba abaixo. Activar esta opción aumenta a dificultade do exercicio o permitires que as palabras se poidan ler tamén de dereita a esquerda a de abaixo a arriba.
  • Letras maiúscula: todalas letras, tanto as palabras introducidas polo mestre coma as xeradas para a sopa, son minúsculas. Se se desexa que sexan todas convertidas a maiúsculas basta activar esta opción.
  • Imprimir lista palabras: cando esta opción se atopa activada a lista de palabras que se atopan realmente perdidas na sopa aparecerá impresa xunto co exercicio.

O exercicio crear frases permite cambiar os seguintes parámetros:

  • Enunciado: o enunciado que apareceŕa escrito co exercicio na ficha.
  • Liñas extra: no espacio que queda na liña onde se escriben as palabras coas que o alumno terá que facer a frase, non soe ser suficente. Este parámetro permite introducir os rengróns en branco que se desexen debaixo de cada unha das frases, puidendo así adaptarse, tanto o tamaño de letra do alumno, coma a lonxitude das frases que é capaz de escribir.
  • Tamaño de letra: afecta o tamaño da letra que se usa para o exercicio, así coma o espacio que se deixa para que o alumno escriba as frases.

Nas fichas de lingua temos os seguintes elementos:

  • Frase, as frases usanse para os exercicios de copia e ordeación, e representan un conxunto de palabras con sentido.
  • Palabra, as palabras usanse coas sopas de letras, e representa cada unha das palabras que queremos ofuscar na sopa.
  • Binomio e Trinomio, son grupos de dúas e tres palabras respectivamente que se usan nos exercicios de crear frase. Representan as palabras coas que o alumno xenerará unha frase dun exercicio de crear frases.

O elemento frase so ten un parámetro:

  • Frase: texto que se lle presentará o alumno para que copie ou ordene.

O elemento palabra so ten un parámetro:

  • Palabra: texto da palabra que se quere ocultares na sopa de letras.

Os binomios e trinomios  son similares o elemento palabra, pero conteñen dous ou tres palabras no seu interior.

Cabe indicar que un tanto os exercios de copia coma os exercicios de ordear poden ter dentro varias frases e que unha ficha pode así mesmo conter varios exercicios do mesmo tipo ainda que cada un cos seus propios parámetros.

As sopas de letras deberán ter dentro tantos elementos palabra coma palabras desexamos que se perdan na sopa. O xerador de sopas non sempre e capaz de colocares tódalas palabras proporcionadas na sopa de letras por moitos motivos:

  • Sopa de letras moi pequena para demasiadas palabras
  • Non posibilitar cruces de palabras.

O xerador non é perfecto e as veces non as coloca a pesares de existir posicións posibles. Coma as bases de colocacións son aleatorias, a veces basta con reimprimí-la ficha, para que aparezan as palabras que faltan. Cando se imprime o listaxe de palabras xa non aparecerán aquelas palabras que non poideron ser engadidas a sopa.

Para solucionar esas perdas de palabras basta normalmente con proporcionar unha sopa con maior alto e ancho.

Os exercicios de crear frase teñen que levar no seu interior ó menos un binomio ou trinomio, e podemos inserir dentro del todos os binomios e trinomios que se desexe, misturandoos coma nos plaza.