Axuda

O interface web desta páxina permite a creación de fichas de matemáticas tratando que a tarefa sexa sinxela pero sen esquecer a posibilidade de creares fichas variadas, que poidan ser adaptadas as necesidades específicas de cada alumno.

O obxectivo é crear unha ficha, para iso teremos que seleccionar unha serie de exercicios dunha lista de posibles exercicios. Estes exercicios seleccionados son os que conformarán a ficha. Una vez seleccionados os exercicios desexados, pulsase no botón imprimir (na parte inferior) e nos aparecerá a opción de descargar un pdf coa ficha deseñada.

O interface está composto da seguintes seccións tal e como se ve na imaxe posterior:

  1. Exercicios seleccionados. Nesta parte aparecen os exercicios dos que se compón a ficha que se está a xenerar neste momento
  2. Exercicios posibles. Esta sección contén tódolos exercicios que poderemos introducir nas fichas. Os exercicios son de cor verde
  3. Operacións posibles. As operacións forman parte dos exercicios de cálculo, funcionan de maneira similar os exercicios coa diferencia de que van introducidos dentro dun exercicio de cálculo. Explicarase con máis detalle un pouco mais abaixo. As operacións son de cor azul.
  4. Lixo. Cando se cometa algún erro o engadires un exercicio, poderase eliminar ese exercicio da ficha tirando ó lixo o devandito exercicio.

Descripción das seccións do interface

O manexo do interface basease no uso da función arrastrar e soltar, que consiste en colocarse no elemento da pantaia que se quere seleccionar, facer clic co botón esquerdo xusto enriba del e sen solta-lo botón desplaza-lo rato ata o lugar onde se quere introducir, unha vez que o rato está no lugar onde se desexa introduci-lo elemento seleccionado soltase o botón esquerdo do rato.

Existen tres funcións básicas:

  • Engadir exercicios á ficha
  • Enviar exerciciós ó lixo
  • Engadir operacións a un exercicio de cálculo

Para engadires exerciciós a ficha faise arrastrar e soltar entre un  exercicio da sección 2 (exerccios posibles) ata a sección 1 (exercicios seleccionados).  Para darse de conta se o rato está na posición correcta a hora de soltar deberemos fixarnos en que o beira verde da sección 1 vólvese a puntiños.

Para enviares exerciciós o lixo faise arrastrar e soltar entre un exercicio ou unha operación da sección 1 (exercicios seleccionados) ata o debuxo do lixo da sección 4. Cando o rato se atope enriba do lixo o debuxo cambia a un lixo cheo.

Para engadires operacións a un exercicios de cálculo habera que darse conta que debaixo de cada exercicio de calculo da sección 1 (exercicios seleccionados) existe un espacio en branco cunha beira azul. A método consiste en arrastrar e soltar unha operación da sección 3 (operacións posibles) ata esa parte existente debaixo de cada exercicio de cálculo.

Modificar opcións dos exercicios

Tódolos exercicios teñen opcións que se poden cambiar individualmente. Para eso basta facer clic enriba dalgún dos exercicios ou operacións da sección 1 (exercicios seleccionados), co que aparecerá unha ventá onde poderemos cambiar as opcións concretas dese exercicio ou operación, coma por exemplo, enunciados, número de díxitos etc.

Para saber que opcións ten cada un dos exercicios e que fai cada unha visita a sección Tipos de exercicios.