Tipos de exercicios

A relación actual de exercicios é:

  • Ordenación, ofrécese o alumno un conxunto de números que o alumno deberá despois reescribir de maneira ordeada.
  • Maior – Menor, presentase o alumno una serie de grupos de dous números e o alumno deberá determinar a relación que existe entre eles, maior que, menor que ou igual que.
  • Anterior – Posterior, o alumno recibe un conxunto de números e este terá que escribir para cada un o inmediatamente anterior e o inmediatamente posterior.
  • Rodear, dun conxunto de números dado o alumno debe rodear aqueles que cumplen algunha propiedade, que virá expresada no enunciado do exercicio.
  • Serie, exercicio para completar series numéricas. Para iso, o alumno presentaselle un conxunto de datos iniciais da serie cos cales terá que descubrir a diferencia e completa-la serie ata o número de elementos que se lle indique.
  • Converter a números, o alumno ten que converter unha conxunto de números escritos en letras á súa correspondente representación numérica.
  • Converter a letras, o exercicio contrario o anterior, dun conxunto de números expresados en díxitos debe proporcionar a correspondente representación en letras.
  • Ábaco de número, o alumno se lle proporciona un conxunto de números e ten que reescribir cada un deles nun ábaco en forma de torre, debuxando as contas correspondentes as unidades, decenas, etc.
  • Número de ábaco, exercicio inverso o anterior, presentanse ábacos para que os alumnos escriban o número que representa o ábaco.
  • Cálculo, o exercicio de cálculo é un simple contedor de operacións.

A relación de operacións dispoñibles é:

  • Suma
  • Resta
  • Multiplicación
  • División.

Cada un destes elementos, xa sexa un exercició o unha operación, ten unha serie de opcións que poden ser cambiadas. Todas teñen un valor por defecto, pero convén axusta-los valores ó nivel que presenta o alumno.

Para tódolos exercicios se xeneran datos aleatorios, e os parametros permiten controla-lo rango onde se xenerán estes números.

Describese a continuación cada un desas opcións e o efecto que producen no exercicio.

Comúns:

  • Enunciado: o enunciado que apareceŕa escrito co exercicio na ficha.

Ordenación:

  • Elementos: cantidade de números que o alumno terá que ordear.
  • Nº díxitos mínimo: número de díxitos mínimo que terán os números a ordear.
  • Nº díxitos máximo: número de díxitos máximo que terán os números a ordear.
  • Díxito superior: permite limita-los números xenerados de tal maneira que a súa última cifra non supere este límite. Ex: se estamos a xenerar números de dous cifras un valor de 3 nesta campo faria que os números que se xenerasen nunca fosen maoires de 39.

Maior-Menor:

  • Elementos: cantidade de conxuntos de dous números dos que o alumno terá que expresar a súa relación
  • Nº díxitos mínimo: número de díxitos mínimo que terán os números.
  • Nº díxitos máximo: número de díxitos máximo que terán os números.
  • Díxito superior: permite limita-los números xenerados de tal maneira que a súa última cifra non supere este límite.

Anterior-Posterior:

  • Elementos: cantidade de números dos que o alumno terá que escribires o anterior e mailo posterior.
  • Nº díxitos mínimo: número de díxitos mínimo que terán os números.
  • Nº díxitos máximo: número de díxitos máximo que terán os números.

Rodear:

  • Elementos: cantidade de números que o alumno terá que examinar para saber se os rodea ou non.
  • Nº díxitos mínimo: número de díxitos mínimo que terán os números a examinar.
  • Nº díxitos máximo: número de díxitos máximo que terán os números a examinar.
  • Díxito superior: permite limita-los números xenerados de tal maneira que a súa última cifra non supere este límite.

Serie:

  • Elementos: cantidade de series que o alumno terá que resolveres.
  • Elementos serie: cantidade de números dos que está composta cada serie.
  • Datos iniciais: cantidade de números de cada serie que se dan coma dato o alumno. O resto de elementos da serie os terá que completar.
  • Nº díxitos mínimo: número de díxitos mínimo que terán os números das series.
  • Nº díxitos máximo: número de díxitos máximo que terán os números das series.
  • Nº díxitos diferencia mínimo: número de díxitos mínimo que terá a diferencia (relación entre elementos da serie) de cada serie.
  • Nº díxitos diferencia máximo: número de díxitos máximo que terá a diferencia de cada serie.
  • Diferencias negativas: permite a existencia de diferencias negativas, producindo desta maneira unha serie decrecente. A pesares de ser unha serie decrecente os alumnos nunca terán que calcular un elemento de serie negativo.

Converter a número e converter a letras:

  • Elementos: cantidade de números que o alumno terá converter
  • Nº díxitos mínimo: número de díxitos mínimo que terán os números a converter, na súa representación numérica.
  • Nº díxitos máximo: número de díxitos máximo que terán os números a converter, na súa representación numérica.
  • Díxito superior: permite limita-los números xenerados de tal maneira que a súa última cifra non supere este límite.

Ábaco de número e número de ábaco:

  • Elementos: cantidade de ábacos cos que o alumno terá que traballar.
  • Nº díxitos mínimo: número de díxitos mínimo que terán os ábacos presentados.
  • Nº díxitos máximo: número de díxitos máximo que terán os ábacos.
  • Díxito superior: permite limita-los números xenerados cos que se xeneran os ábacos de tal maneira que a súa última cifra non supere este límite.

Cálculo:

  • Mezclar: baralla tódalas operacións contidas dentro do exercicio, para que no caso de ter un exercicio con distintas operacións, por exemplo sumas e restas, o alumno teña que fixarse no signo e non facelas todas por inercia.
  • Número columnas: número de operacións que se introducen por cada fila. Por defecto vale 2, pero pode valer 2, 3 ou 4.

As operacións tamén teñen opcións, tal e como se detalla a continuación:

Común a tódalas operacións:

  • Elementos: número de operacións dese tipo que se van a xenerar.

Suma:

  • Dixitos: cantidade de dixitos que terán ambolos dous sumandos.
  • Levadas: indica se a suma vai ter levadas ou non.
  • Díxito superior: permite limita-los números xenerados de tal maneira que a súa última cifra non supere este límite.

Resta:

  • Dixitos: cantidade de dixitos que terán tanto o minuendo coma o sustraendo.
  • Levadas: indica se a resta vai ter levadas ou non. O resultado sexa cal sexa o valor desta opción sempre será un número natural.
  • Díxito superior: permite limita-los números xenerados de tal maneira que a súa última cifra non supere este límite.

Multiplicación:

  • Dixitos superior: cantidade de dixitos que terá o elemento superior do producto.
  • Dixitos inferior: cantidade de dixitos que terá o elemento inferior do producto.

División:

  • Dixitos dividendo: cantidade de dixitos que terá o dividendo.
  • Dixitos divisor: cantidade de dixitos que terá o divisor.

Castelos de sumas:

  • Dixitos: cantidade de dixitos que terán tódolos sumandos.
  • Operandos: indica o número de operandos que vai te-la suma.