Pequenos cambios

0

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 23-05-2010

Acabamos de introducir algunhas pequenas modificacións nos xeradores de fichas, algunhas delas suxeridas por algúns dos usuarios da web.

Os sodokus levan un novo xerador, que vai producir que os sodokus xerados sexan sinxelos. Anteriormente para xerar un sokoku partíase dun sodoku resolto e deixabanse enchidas tantas celas como se lle indicaba, as cales eran seleccionadas de xeito aleatorio. Este método de xeración podía proporcionar sodokus cunha gran dificultade de solución. No novo sistema, se se aplican regras dedutivas para solucionalo sempre vai existir unha cela na que só é posible un valor (aplicando as regras do sodoku). Como resultado, os sodokus xerados agora poden considerarse de nivel sinxelo (máis apropiado para os alumnos os que vai dirixido). Agora o valor presente no campo número pistas é orientativo,  a aplicación tentará proporcionar ese número de pistas tentando que o soduku sexa de nivel sinxelo, e proporcionará máis pistas das indicadas para facer que a dificultade se manteña en sinxelo.

Nas sopas de letras, a aplicación xa é capaz de colocares as palabras seguindo diagonais. Por iso hai unha opción máis, que cando se marca permite á aplicación introducir palabras en diagonal.

Os labirintos xa non se atopan pegados ó borde esquerdo da folla, aparecen máis centrados. Ademais deixase espazo arriba e abaixo no caso de que a entrada ou saída se atope nesas lados do labirinto.

As multiplicacións e as divisións teñen mais espazo debaixo para que os alumnos  escriban.

Gracias a todos polas suxerencias feitas para mellorar a aplicación. Se atopades un erro ou queredes facer algunha suxerencia para adaptar as fichas á realidade das aulas sempre podedes deixar un comentario ou usa-lo formulario de contacto.

Novo exercicio: ábacos

0

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 21-04-2010

Temos un novo exercicio na ficha de matemáticas: os ábacos.

O ábaco presenta dúas modalidades, debuxar un número dado en forma de ábaco e outra de representar un ábaco mediante un número.

No primeiro deles, ó alumno ten que tranformar o número que se lle proporciona nun conxunto de contas de ábaco apiladas en unidades, deceas, etc. Na ficha aparecerán debuxados os eixos onde soamente terá que debuxa-las contas correspondetes.

A outra versión deste exercicio funciona totalmente de maneira inversa, sa que o que se lle proporciona neste caso é o ábaco completamente debuxado, coas contas introducidas en cada eixo. A misión do alumno neste caso é dar unha representación numérica do expresado mediante o ábaco.

Ó igualque en moitos outros exericios das fichas, os números que se xeneran son aleatorios, pero pódese regular a maneira en que se xeneran (número de díxitos, rangos, etc) a través dos parámetros do exercicio. Podese consultar o que significa cada un dos parámetros na páxina de axuda (clic).

Novo exercicio: converter números

0

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 12-04-2010

Está semana, ademais de outras modificacións, presentamos un novo exercicio de ficha de matemáticas, conversión de números. Este exercicio ten dúas versións pasar da representación con díxitos numéricos a representa-lo mesmo número con letras e o revés, pasar de letras a números.

Igual que o resto de exercicios os valores concretos dos números xéranse de maneira aleatoria e pódese regular os rangos onde son xerados estes números cambiando os parámetros dos exercicios (que accededes facendo clic enriba de calquer exercicio situado na parte de ficha a xerar).

Podese engadir este exercicio a partires do xerador de ficha de matemáticas.

Novo parámetro nos exercicios cálculo

0

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 12-04-2010

Os exercicios de cálculo na ficha de matemáticas estábanse a imprimir en dúas columnas, polo que as operacións se imprimíanse moi separadas e desaproveitamos papel.

O novo parámetro chámase número de columnas e permite variar as operación que metemos en cada fila, e desta maneira facer un mellor aproveitamento do papel.

O parámetro e só dos exercicios de cálculo e cada exercicio pode ter un número de columnas distinto.

Dentro do labirinto

0

Publicado por admin | Categoría Fichas | Publicado no 07-04-2010

Despois da Semana Santa introducimos un novo exercicio, o labirinto, onde todo parece posible e nada é o que parece. Os labirintos pertencen as fichas de atención.

Co labirinto o alumno deberá topar o camiño que une os dous bordes abertos que aparecen no debuxo. O tamaño do labirinto pode variar dende o 5×5 ata 35×35, e non teñen porque ser cadrados.

Coma sempre podedes engadir tantos coma se desexen.